Francisco
Brives nace na
Coruña no ano 1970. Vincúlase dende moí novo ao eido teatral da cidade da
man de nomes
como Fernando e Carlos Martínez (Danthea) Manolo Lourenzo |(Esco1a Dramática
Galega) Chema paz Gago (Hipogrifo
violento Clube). Conta con mestres de literatura Galega da talla de Pilar
Pallares e Miguel Mato entre outros.
Fundador da Asociación cultural Catrabucha combina o
seu labor actoral co ensino teatral na súa cidade natal.
O traballo como actor lévao a Madrid coa "Compañía
Cuarta Pared" onde publica a súa primeira obra de teatro "Loba María"
editorial "La Avispa" e o libro "El sexo de un Anarquista" -Triangulo
Distribuciones ambos en Castelá.
Asimesmo colabora de xeito esporádico en diferentes
magazins como articulista: "Odisea", "Entiendes", "As
+perralleiras" ou a revista "Zero", todos
eles nunha liña de compromiso reivindicativo de apoio á loita polos dereitos
dos homosexuais na década dos 90.
Vai traballar como actor a Alemania, onde coñece a
poetisa Ada Salas quen o alenta a seguir escribindo poesía, e é ali onde
remata o seu poemario "Una tarde con Ada" (inédito) Logo venen trabados na
Bélxica, Xapón, ou Francia como actor con directores coma Eddy Vereycken,
Marcel Van Brakel, María Gray, Komei Sugano, ect.
Actualmente FRANCISCO BRIVES vive en Madrid, onde
desenrola a súa faceta como actor no eido cinematográfico. "Síndrome" de
Liberto Rabal é o seu derradeiro traballo na gran pantalla.
"O meu libro das sombras" edicións "O Grelo" e a
primeira colección de poemas que publica en Galego, aínda que posue unha
abundante obra inédita de poesía, relatos, e novela. Algúns dos títulos coma
"Madre ternura" (poesía) ou "Os de Montealto non levamos paraugas" (relato),
verán a luz próximamente.